Hoxe, luns 31 de agosto, pechan as piscinas municipais do Concello de Manzaneda ata o próximo verán. As instalacións estiveron abertas todos os días dende o pasado 7 de xullo, cun horario de 12:00h. a 20:00h. Tan só un breve peche cautelar debido a un caso positivo de coronavirus na comarca interrompeu o bo funcionamento das piscinas.
O recinto tamén contaba cun aparcadoiro de bicicletas, vestiarios, duchas e unha cafetería. Para garantir o distanciamento social, froito da pandemia do coronavirus, este ano o Concello de Manzaneda estableceu zonas de tránsito e delimitou parcelas no céspede durante toda a tempada.