O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollía na tarde do 21 de setembro a representación da obra teatral “Perseguindo un soño”, que narra a historia dun grupo de anciáns abandonados nunha residencia clandestina. Este era un dos actos promovidos polo Concello de Verín para conmemorar a data do Día mundial do alzhéimer. Tamén pola tarde desenvolvíase un obradoiro de Arte-terapia con maiores do Centro Sociocomunitario de Verín e do asilo, na aula de audiovisuais da sala de exposicións da Casa da Cultura.
Artigos relacionados
O rider Javier Fernández, na espectacular DHI Pozo do Demo de Verín organizada polo seu club
30 de Abril de 2024
A Copa de España DHI Pozo do Demo 2024 celebrarase en Cabreiroá (Verín) os días 27 e 28 de abril
22 de Abril de 2024