Primeiro positivo de coronavirus rexistrado nun centro educativo de Viana do Bolo. Segundo a información remitida pola Xunta nesta xornada de 15 de outubro vén de rexistrarse no IES Carlos Casares. O último contacto deste positivo co centro foi anterio á ponte do Pilar, “co cal non foi preciso tomar outras medidas”, segundo indica o propio instituto vianés.
No caso de Valdeorras soben as cifras totais de positivos con respecto a onte. Así a Escola Infantil Los Juglares rexistra 4 positivos (3 máis que onte) e unha aula pechada, mentres que no CEIP Julio Gurriarán rexístrase 1 positivo (1 menos que onte) e no CEIP Otero Pedrayo de Viloira soben a 5 os casos (1 máis que onte), se ben este novo alumno que deu positivo hai xa 15 días que non acudía a clases, tal e como indican dende o colexio.
Ademais o Colexio Divina Pastora continúa con 2 positivos, o IES Martaguisela segue con outros 4 e cunha aula pechada e o IES Lauro Olmo con 2.
Por outra banda, o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá mantén 1 positivo.