En portadaÚltima hora

Os ingresos por coronavirus no Hospital de Valdeorras baixan a 3

Sen embargo, repuntan os casos activos na provincia e chegan aos 1.494, 15 máis que onte

 

Incremento de casos activos de coronavirus da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Así segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade (ás 18h. do 20 de outubro), a provincia rexistra un total de 1.494 casos, o que supón 15 máis que onte. Nas últimas 24 horas confirmábanse 94 novos positivos por proba PCR.

Tamén se incrementan as hospitalizacións na provincia. Así, do total de 1.494 casos, hai 109 ingresados (1 máis que onte) en planta e 16 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis). O Hospital Universitario de Ourense conta con 97 ingresos en planta (2 máis que onte) 14 en UCI (1 máis que onte), mentres que o de Hospital de Valdeorras baixa a 3 ingresos (1 menos que onte) e o Hospital de Verín ten 8 (1 menos por un falecemento). Ademais, o Centro Médico del Carmen ten 2 ingresos en UCI e a Clínica Santa Teresa 1 en planta (1 máis que onte).

O total de casos na provincia ascende a 5.548, con 3.855 curados e 199 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 82.402 probas PCR.

Increméntase 5.457 os casos activos en Galicia, 242 máis que onte

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.457, deles 905 son da área da Coruña, 518 da de Lugo, 1.494 da de Ourense, 538 da de Pontevedra, 900 da área de Vigo, 851 da de Santiago, e 251 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 294 en unidades de hospitalización e 5.115 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.012 persoas curadas, rexistrándose 836 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 602.975.

 

Artigos relacionados

Back to top button