En portadaSanidadeÚltima hora

Nove ingresos de Covid no Hospital de Valdeorras, un máis que onte

Mantense o descenso de casos activos na provincia, un total de 1.394, 13 menos que onte

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Novo repunte nos ingresos de coronavirus no Hospital de Valdeorras. Segundo os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 29 de outubro), son 9 os pacientes con Covid-19 hospitalizados en planta no centro barquense, un máis que onte.

En cambio, nos outros dous hospitais públicos da provincia baixan os ingresos. O Hospital de Verín ten 6 pacientes en planta (un menos que onte por un falecemento) e o Hospital Universitario de Ourense 56 en planta (10 menos que onte) e 17 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

Unha xornada máis, na provincia de Ourense mantense un leve descenso de casos activos de coronavirus. Así, segundo a última actualización de Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 1.394 casos activos, 13 menos que onte. Deles, 71 están hospitalizados en planta e 19 en UCI. Tamén baixan os datos de novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 54 (fronte aos 59 de onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.313, con 4.686 curados e 233 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 91.537 probas PCR.

 

Artigos relacionados

Back to top button