A entrega dos diplomas do curso de capacitación tiña lugar en Expourense
Na mañá do 9 de outubro, Expourense acollía o acto de entrega de diplomas do Curso de Capacitación en “Certificación en Expertos Ferial” organizado pola Asociación Galega de Feiras e Eventos (AGAFE) coa colaboración do IGAPE, no que participaron unha vintena de profesionais de 15 empresas asociadas.
O curso foi impartido nas instalacións do recinto feiral a finais de xuño por Antonio Brito, director da empresa Newevents Academy. A entrega de diplomas correu a cargo do presidente de AGAFE, Alejandro Rubín, do profesor do curso e do membro da xunta directiva de AGAFE, Ricardo Durán.