ConcellosO BarcoÚltima hora

Diminúen os casos activos de Covid do Barco, cun total de 25

Panorámica da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Aínda que lixeiramente, volven baixar os casos activos de coronavirus no Barco. Así, segundo os datos comunicados neste luns 23 de novembro polo Sergas ao Concello, son 25 os positivos, o que supón 2 menos que os rexistrados o pasado venres.

Así mesmo, en canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 22, cunha incidencia acumulada para o concello: >150 e ≤250, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button