Aprender de forma divertida dende fogar tendo ademais como referencia as vindeiras datas do Nadal. Con este obxectivo o Concello de Trives organizará a finais deste mes dous talleres virtuais gratuítos baixo o título “Nadal cosido a man”. Prográmase un dirixido a calquera persoa que “teña gusto pola decoración navideña e sexa maior de idade e outro para nais/pais e pequenos”. Serán os días 29 e 28 de novembro, respectivamente, en horario de 11h. a 13h. a través da plataforma zoom.
As inscricións poden realizarse chamando ao 988 33 00 00. “A admisión será por orde de inscrición no teléfono do Concello, ademais a inscrición estará limitada á xente empadroada no noso concello. Pechada a fase de inscrición poremos en coñecemento das persoas inscritas o código de acceso á plataforma”, segundo o Concello de Trives.