Rozando ás 18:30h. desta tarde producíase un accidente de tráfico na Rúa. O sinisitro tiña lugar na rúa na que está a gasolineira Petrol e que conecta coa avenida Campogrande, nas proximidades do Hotel Espada, cando un vehículo atropelaba a dúas persoas que estaban cruzando nese momento e que resultaban feridas.
Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato Urxencias Sanitarias-061, tamén se mobilizaba ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras, á Policía Local e á Garda Civil. Os feridos, un matrimonio, foron trasladados ao hospital.
Na galería: fotos do lugar onde se producía o accidente.



