O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, vén de presentar a 32ª Edición do Concurso da Constitución que como tódolos anos organiza á Subdelegación do Goberno.
No acto, Castro asegurou considerar de maior actualidade seguir a reflexionar sobre o valor da Carta Magna “un texto conquerido co traballo, o esforzo e a renuncia de persoas distintas e distantes, que antepuxeron o interese xeral aos seus asuntos e criterios particulares”. Por iso anima aos escolares, e a tódolos colectivos que forman parte do tecido educativo de Ourense a participaren con entusiasmo e adicación do proceso creativo do concurso que este ano terá como lema: Das Cortes Xerais” (Título III), Capítulo 1º “De las Cámaras”.
No Concurso están chamados a participar os estudantes de toda a provincia de niveis educativos que abarcan dende os 3 ata os 18 anos. O prazo de presentación dos traballos, artísticos ou literarios dependendo da categoría que participen, está aberto dende finais do mes de setembro e rematará o vindeiro 3 de novembro.
Na presentación, celebrada na mañá do 19 de outubro, tamén estiveron presentes o secretario xeral da Subdelegación e secretario do xurado avaliador, Manuel Arias e a Delegada Provincial da consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Mercedes Gallego.
As bases poderán ser consultadas na páxina web do concurso: www.concursoconstitucion.es.