A RúaConcellosÚltima hora

Volven repuntar lixeiramente os casos activos de Covid na Rúa cun total de 34, un máis que onte

Unha das entradas á Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cando xa parecía que se mantiña a tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 na Rúa, un novo positivo provocou unha lixeira repunta. Así, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello, o número total de casos rexistrados na xornada deste mércores 23 de decembro ascende a 34, un máis que onte. “Temos constancia dese novo caso e agora estase facendo o seguemento”, puntualiza o alcade Álvaro Fernández.

Con todo, o número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días baixa ata os 33 (tres menos que onte) neste municipio valdeorrés que mantén unha incidencia acumulada de >250 e o nivel medio-alto de restricións.

Artigos relacionados

Back to top button