Depois do éxito do percorrido de Papá Noel na tarde do 24 de decembro de 2020, no Concello de Vilamartín esperaban con ilusión e moito ánimo a tarde do 5 de xaneiro na que previsiblemente, os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, celebrarían a tradicional Cabalgata.
“Será unha das novidades do Nadal en Vilamartín, xa que hai moitos anos que non se celebraba Cabalgata neste concello”, explicaba hai unhas semanas a concelleira de Cultura. Seguindo un rigoroso protocolo con todas as medidas sanitarias estipuladas, a idea era que As Súas Maxestades percorresen o municipio repartindo caramelos e lambetadas entre os pequenos, pero o repunte de casos activos na última semana, obrigaba ao Concello a suspender a actividade.
“Actualmente temos 11 casos e agora mesmo temos que priorizar, pero é unha mágoa”, laméntase a concelleira.