Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Iván Dosantos (Atletismo Rúa) proponse percorrer hoxe 65 km polo Camiño de Inverno

Saía ás sete da mañá deste domingo 24 de xaneiro, dende Ponferrada rumbo á Rúa, co apoio loxístico do seu club

 

Aínda que xa empece a cansar o feito de que toda conversación xire en torno ao Covid-19, o certo é que a pandemia segue condicionando actividades, celebracións, deporte… No apartado deportivo, coas novas restricións volveu a limitarse moito a súa práctica, suspendéndose as competicións galegas, pero os deportistas non se conforman e buscan alternativas para seguir practicando a súa actividade favorita.

 

Iván Dosantos saíndo de Ponferrada.

 

É o caso de Iván Dosantos, membro do Club Atletismo Rúa, que na mañá deste domingo 24 de xaneiro comezaba un reto con maiúsculas: completar os 65 quilómetros do Camino de Inverno que separan o inicio da ruta, Ponferrada e a súa vila, A Rúa.

 

 

Como non podía ser doutro xeito, o seu club “Atletismo Rúa estará para apoialo en todo o posible para a consecución do reto e varios integrantes do club acompañarémolo nalgúns quilómetros”, asegura o presidente, Fernando Navarro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button