A RúaConcellosÚltima hora

Repuntan os casos activos de Covid na Rúa cun total de 26, seis máis que onte

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo e importante incremento no número de casos activos de Covid no municipio da Rúa. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello, na xornada deste xoves 4 de febreiro a cifra de positivos ascende a 26, o que supón un aumento de 6 con respecto a onte.

Con todo, no cribado poboacional mediante test de antíxenos realizado na tarde de onte a 1.100 veciños da Rúa e Vilamartín, non se detectou ningún positivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button