
Unha xornada máis mantense á tendencia á baixa no número de positivos de Covid no municipio da Rúa. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello rues, son 13 os casos activos rexistrados neste martes 9 de febreiro, dous menos que onte.
Así e todo os novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días son 16, segundo a información do Sergas e a incidencia acumulada para este concello segue sendo de >250.



