O karate valdeorrés volve estar de noraboa. Con dous trofeos regresaba o Club River Stone do Barco do Campionato Galego Sénior, Máster e Para Karate, celebrado esta fin de semana no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, na Coruña.
Lucía Herrero Valcarce demostrou unha vez máis que non ten rival a nivel galego nin sequera na categoría sénior, subindo ao alto do podio (primeira clasificada) na modalidade Kumite -50 kg. O outro trofeo era para o adestrador do club Nicolás Rodríguez que competía na categoría Máster (a partir de 35 anos), quedando terceiro clasificado.
Tamén do KC River Stone estaba Raquel Cruz un dos árbitros deste campionato galego.
Fotos cedidas/ RFGK