En portadaÚltima hora

Protección Civil de Petín rescata un gabián preto da praza desta vila

 

O labor que de forma altruísta levan a cabo os voluntarios de Protección Civil non ten límites e pode levarse a cabo en calquera situación. Así o veñen de demostrar en Petín onde, na tarde deste martes 23 de marzo, rescataban un fermoso gabián galego.

Tal como explican dende Protección Civil de Petín, o animal estaba no xardín dunha casa preto da praza José Quiroga ata onde se desprazaban para recollelo en torno ás seis desta tarde. “Non se mostrou agresivo nin nada e pensamos que estaba ferido pero non parece ter nada roto, o único algo débil”, conta José Benito, puntualizando que tal como lle explicou o equipo do Seprona que o recolleu para o seu  traslado ao Centro de Recuperación, “está na época de aparellamento co cal é normal que quede desnutrido, de aí a debilidade”.

 

Fotos: Concello de Petín

Back to top button