Lousa, vitivinicultura e turismo. Eran os eixos do encontro que esta mañá matiñan o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, na sede do organismo co presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, e coa súa vicepresidenta, Montserrat Rodríguez. Á xuntanza, que serviu para sentar as bases dunha colaboración máis continuada entre ambos os organismos, asistiu tamén a técnica da Ruta do Viño, Cristina Núñez.
“Foi unha reunión produtiva de traballo” entre dous organismos “que teñen moito que dicir na economía de Valdeorras. Establecer sinerxías e promover proxectos de colaboración en común entre o Clúster da Pizarra e a Ruta do Viño foi o obxectivo desta primeira xuntanza”, aseguraba ao termo da mesma Severino González.
“O obxectivo é poñer en valor o noso potencial turístico conxunto, tanto dende o ámbito industrial como dende o enoturístico”, indicaba o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, matizando ademais que “queremos comezar unha relación estable e continuada, que desenvolveremos en base a un convenio que redactaremos nos próximos meses”.