Segue en ascenso a curva do Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 31 casos activos na xornada deste 27 de maio, 3 máis que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.
No caso do Barco de Valdeorras hai 27 casos activos, 3 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días que sobe e sitúase en >75 e ≤125. Esta incidencia mantense en >150 e ≤250 a catorce días.
A Rúa, pola súa banda, continúa con 3 positivos e Vilamartín de Valdeorras mantén 1 positivo. O resto dos municipios continúan libres de virus.