Continúan as vacinacións contra o Covid no Hospital Público de Valdeorras e na xornade deste luns, 28 de xuño, era o turno do persoal esencial, vacinado en marzo con AstraZeneca, que acudía a completar a pauta coa segunda dose.
Entres os vacinados onte, a maioría con AstraZeneca (aínda que tiñan a opción de elixir Pfizer para a segunda dose) están os voluntarios das agrupacións de Protección Civil da parte oriental da provincia de Ourense: San Xoán de Río, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Larouco, A Rúa, Petín, Vilamartín e O Barco.
Tamén completaban a pauta da vacinación os membros da Garda Civil, Bombeiros, Policía Local e GES.
Hoxe, martes 29 de xuño continúa a vacinación á poboación xeral. Neste caso coa primeira dose a cidadáns entre 40 e 49 anos de Pzifer.
Fotos cedidas.