Os atletas da Escola Deportiva de Trives veñen de recibir un recoñecemento por parte do Concello tras a excelente tempada que veñen de rematar. No acto os rapaces recibían unha distinción (trofeo e fotos) por parte do concelleiro Rubén Armenteros.
Os atletas da escola que ganaban medallas nos campionatos galegos de Ribeira e Noia eran Deva Pousada, Martín Rey, Marcos Basalo, Aitor García, Martín Rodríguez, Antón Prieto, Pablo López, Alex Basalo, José Hervella.
Con este acto “damos por rematada a gran tempada de atletismo das escolas deportivas de Trives, agora imos gozar do verán, que os atletas téñeno moi merecido, e tamén a coller forzas para comezar de novo setembro”, asegura o adestrador da escola, Tino Sierra.
Fotos cedidas.