ConcellosÚltima hora

Ascenden a 75 os casos activos de coronavirus en Valdeorras, 12 máis que onte

 

Segue subindo, aínda que forma máis lixeira que onte, o número de casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, cun total de 75 positivos, o que supón 12 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 10 de xullo.

No referente ao Barco, soben a 64 os positivos, o que supón 9 máis que onte. Tamén ascenden os casos en Vilamartín que pasa de 1 a 3; e na Veiga con 2 positivos, un máis que onte.

No caso de Rubiá mantense estable con 4 positivos, os mesmos que onte. Tamén na Rúa se manteñen nos 2 positivos, igual que onte.

O resto dos concellos de Valdeorras continúan libres de virus e no Hospital de Valdeorras non se rexistran ingresos por Covid, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button