Baixan os positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 24 de xullo un total de 220 casos activos, o que supón 6 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.
Ese descenso vén impulsado, principalmente, polo Barco, que rexistra 168 positivos, o que supón 15 menos que onte. Por contra, medra o número de casos activos na Rúa, con 16 positivos, 4 máis que onte; na Veiga con 5 positivos, 2 máis que onte; e tamén en Vilamartín que rexistra 17 positivos, 1 máis que onte. Ademais rexístranse 2 positivos no Bolo, o único concello de Valdeorras que se mantiña libre de virus.
Os datos mantéñense igual que onte en Carballeda de Valdeorras con 6 positivos, en Rubiá con 3, en Petín con 2 e en Larouco con 1.
A provincia de Ourense rexistra un total de 2.341 casos activos, o que supón 9 menos que onte.
Baixan as hospitalizacións na provincia
O Hospital Público de Valdeorras rexistra 1 ingreso en planta por Covid, 1 menos que onte. Mantense tamén un ingreso no Hospital de Verín en planta e hai 37 (10 menos que onte) no Hospital de Ourense (1 deles en UCI). Tamén a Clínica Santa Teresa ten 2 ingresos por coronavirus en planta, 1 máis que onte.
En total son 41 as hospitalizacións por Covid na provincia de Ourense, 10 menos que onte.