Volven baixar os positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 31 de xullo un total de 196 casos activos de Covid, o que supón 5 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.
Os municipios que rexistran aumento de casos son A Rúa, que conta con 31 positivos, 1 máis que onte; e Rubiá con 7 positivos, 2 máis que onte.
Por contra, baixan os casos no Barco con 127 positivos, 5 menos que onte; en Vilamartín con 12 positivos, 2 menos que onte; e en Carballeda con 3 positivos, 1 menos que onte.
No resto de municipios mantéñense as cifras de onte, así na Veiga hai 5 casos activos, en Larouco 5 positivos, no Bolo 4 positivos e en Petín con 2 positivos.
1.983 casos activos na provincia
Caída tamén de casos activos na provincia de Ourense, que rexistra un total de 1.983 casos activos, o que supón 114 menos que onte.
No que se refire a ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 ingresos por Covid en planta, pero o de Verín sobe a 5 (1 menos que onte) e o Hospital de Ourense 27 en planta (5 menos que onte) e 4 en UCI (1 máis que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa, ata agora con 2 ingresos en planta, está libre de virus. En total son 38 as persoas hospitalizadas por Covid na provincia de Ourense, 5 menos que onte.