SanidadeÚltima hora

3 ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 1 menos que onte

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Tras catro xornadas consecutivas sen cambios, os ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras baixan neste sábado 7 de agosto. Segundo os datos feitos públicos esta mañá pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o hospital do Barco rexistra 3 ingresos en planta por coronavirus, 1 menos que onte.

Tamén baixan as cifras no Hospital Universitario de Ourense con 16 ingresos en planta e 5 en UCI (1 menos que onte). O Hospital de Verín pola contra sube ata os 8 en planta. En total son 27 as persoas hospitalizadas por Covid na provincia de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button