O Concello da Pobra de Trives de mercar unha hidrolimpiadora co fin de reforzar o servizo municipal de limpeza viaria, “obtendo así un mellor acceso aos lugares aos que non chega o camión de baldeo”, tal e como explican dende o grupo de goberno municipal.
Este hidrolimpadora será empregada para actuar especialmente en beirarrúas e zonas peonís para desinfectar e desincrustar suciedade de aves, chicles, manchas de aceite sobre o empedrado das rúas…,etc. “O goberno municipal busca, con esta adquisición, unha mellora integral nos resultados da limpeza en profundidade que redunden en beneficio do benestar dos veciños e no atractivo turístico da nosa vila”, destaca.
Dende o Concello de Trives aseguran que apostan por unha vila limpa “porque a limpeza: mellora a saúde, reduce a contaminación ambiental e crea un entorno agradable. Porque queremos que cada un dos veciños e turistas se sintan nas nosas rúas como nas súas casas”.
Fotos cedidas.