Novo descenso nos casos activos de Covid-19 no Barco de Valdeorras. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 13 de agosto (actualizados ás 18h. de onte), son 67 os casos positivos por coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 9 menos que onte.
A incidencia acumulada no concello sitúase entre >125 ≤250 nos últimos 7 días e entre >250 e ≤500 nos útimos 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.