Mantéñense levemente á baixa os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Neste 20 de agosto a comarca rexistra un total de 100 positivos de coronavirus, o que supón 3 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.
Os únicos concellos que rexistran subida de casos son A Veiga, que volve incrementar os seus casos activos unha xornada máis e sitúase en 8, 1 máis que onte; Carballeda de Valdeorras con 3, 1 máis que onte; e Larouco con 2, 1 máis que onte.
Por contra, seguen baixando os casos no Barco que ten 54 positivos, 4 menos que onte; e na Rúa que rexistra 30, 2 menos que onte. Ademais Vilamartín continúa con 3 positivos, a mesma cifra de onte.
Os concellos do Bolo, Rubiá e Petín continúan libres de virus. Na provincia de Ourense, tamén seguen baixando os casos activos, cun total de 735, 5 menos que onte.
37 hospitalizacións na provincia
Nesta xornada o Hospital Público de Valdeorras continúa con 4 ingresos en planta por Covid, mentres no Hospital Universitario de Ourense hai 23, 2 máis que onte, e 6 na UCI, a mesma cifra de onte. No Hospital de Verín hai 4 ingresos en planta, o mesmo número que onte.