OurenseÚltima hora

Un ecovixiante de Franciscanas de Ourense tópase en Nigrán con “Doqui”

 

Na xornada deste luns 23 de agosto, o membro de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, Gonzalo Sánchez topábase cunha agradable sorpresa na súa cruzada contra cabichas e máscaras.

Na Praia de Patos, en Nigrán (Pontevedra), aparecía de novo o león mariño coñecido como Doqui. “Tumbado pracidamente e repousando quizais de tanto nadar Doqui saíu ao inmenso areal e creuse desapercibida rodeada de rocas”, explica Gonzálo, sendo cara ás oito da mañá, cando este familiar de lobos mariños elixiu as Rías Baixas para a súa visita. “Despois, volveu ao mar sen ser molestada polos bañistas que acoden a diario a esta preciosa praia”, conclúe o ecovixiante.

Gonzalo Sánchez co león mariño na Praia de Patos, en Nigrán (Pontevedra).

Artigos relacionados

Back to top button