Neste remate do mes de agosto a veciñanza de Fervenza e os visitantes xa poden desfrutar dun banco-miradoiro que ofrece unha espectacular vista do municipio do Barco. Está situado no camiño que vai de Fervenza (O Barco) a Correxais (Vilamartín de Valdeorras).
O banco foi realizado a man por dous veciños de Fervenza e instalado o pasado domingo 29 de agosto polos propios autores, que o levaron en tractor unha parte do camiño, e despois carrexarono xa que no tramo final non se podía pasar co vehículo. Finalmente colocábano na pena/mirador case na linde entre Fervenza e Correxais (Vilamartín), pero en terreno do Barco de Valdeorras.
Na parte posterior deste banco aparecen gravados os nomes das citadas localidades de Fervenza e Correxais, indicando a dirección de cada unha delas. Este banco busca, ademais de facer máis atractivo o camiño entre estes dous pobos, “simbolizar as boas relacións que a súa veciñanza mantivo no tempo grazas á súa cercanía seguindo o camiño a pé da montaña, unha ruta que se leva séculos percorrendo”.
Fotos cedidas.