Toda clase de pescado e de marisco fresco coa garantía de Pescados Topi, pero tamén pratos elaborados e produtos variados. Mañá 21 de xaneiro abre as portas na rúa Eloy Rodríguez Barrios Nº 47, Pescadería “Laura” un establecemento que despois de vintecinco anos cambia de ubicación e comeza unha nova etapa na que aposta polos produtos gastronómicos de primeira calidade, non só no que se refire ao peixe senón a legumes, viños (de Valdeorras e doutros puntos de España) ou conservas artesanas que tamén se poderán mercar.
Cunha longa traxectoria e experiencia no sector, Ana Estévez embárcase xunto á súa filla Laura Losada, neste novo proxecto empresarial no que ofrecen unha alternativa ao peixe. Así, no local igual podemos mercar unha merluza ou un bogavante, como levar unha ración de Ameixas á Mariñeira, Fabas da Lourenzá con Centolo, Salpicón de Rape ou Empanada de Congrio listas para comer, entre outras posibilidades.
Ademais, “Laura” ofrece a posibilidade de facer lotes de produtos personalizados para agasallos (unha botella de viño, un bote de pementos en conserva, outro de bonito…), e de cara ao día de San Valentín sortearase unha mariscada para dúas persoas. “O sorteo celebrarase o día 13 de febreiro ás 12:30h. entre os tikets de compra recollidos”.
O horario de apertura será de 9:30 a 15 e de 17 a 21h. e o teléfono de contacto: 988 32 16 73. Bo proveito!!
Fotos: Carlos G. Hervella