Andrea Gil Vázquez, alumna de 4º de ESO do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, vén de coseguir unha das 80 becas que a Fundación Amancio Ortega concedeu para o vindeiro curso, e que lle permitirá estudar nun centro de Estados Unidos durante un ano.
Así o facían público dende o instituto rues, explicando que “para optar a estas axudas é necesario ter unha calificación superior a 8 en inglés, e a 7 nas demais asignaturas en 3º de ESO, ademais de superar unha dura proba de selección consistente en exercicios escritos e orais en lingua inglesa e unha esixente entrevista en inglés a través de videoconferencica”.
O programa convoca 500 becas, 80 delas en Galicia, cuxas probas se celebraron en Santiago para 903 aspirantes.
Tal como explican dende o centro, os alumnos seleccionados convivirán durante o curso 2016/2017 cunha familia de acollida, e cursarán Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato), co 100% do custe do curso cuberto.
Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.