Un curso máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense están inmersos no Proxecto Ríos, realizando a mostraxe de outono na zona apadrinada do Loña preto da súa desembocadura, no Parque Lonia. Alí, tal como explican o profesores que acompañaron aos mozos, Cristina e Lalo, constataron o bo estado da auga, cos seus parámetros de Ph, nitratos, dureza, turbidez, osíxeno disolto, temperatura, velocidade,… observando ademais o bosque de Ribeira e a fauna do Río.
O Proxecto Ríos en Galicia, nace en 2005 coordinado por ADEGA, cos propósitos de “divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través dá participación cidadá e achegar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente prográmasnos de educación e voluntariado ambiental”. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dous organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.
Os Ecovixiantes tamén teñen en marcha o Plan Proxecta Recíclate con Sogama e na mesma xornada e como vén sendo habitual, depositaron bolsas de envases lixeiros no seu contedor correspondente, ataviados cos chalecos amarelos do Programa Stars España dentro do Plan Mobilidade Sostible e Segura.
Tapóns Solidarios
A solidariedade e o voluntariado tampouco paran en Franciscanas de Ourense e uns días antes, os Ecovixiantes entregaban 125 quilogramos de plástico (Tapóns Solidarios) en Albarellos de Monterrey. “Estiveron hora e media clasificando e embotellando miles deles para a súa entrega a causas solidarias e urxentes”, explica Lalo, o profesor que dirixe a este entusiasta grupo cheo de valores e de solidariedade.
O Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense é ademais centro de recollida de tapóns, actividade enmarcada no Plan Proxecta Recíclacte con Sogama.
Fotos cedidas.