Continúa a música en directo na Sala Baranda do Barco de Valdeorras. Esta fin de semana hai sesión dobre (Tributo Rosendo o venres e David Otero o sábado) e na seguinte, pechando xa o mes actuará en Conchita.
A cantante subirase ao escenario a partir das 23 horas para presentar en formato acústico, o seu sexto disco La Orilla, un traballo producido por Pablo Cebrián, no que navega entre recordos do pasado e vivencias destes últimos anos.