A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebraba onte mércores, 20 de outubro de 2021, o sorteo do carro da compra valorado en 180€ (o 50% deles aportado polo CCA e o 50% restante polos establecementos) entre todos os clientes da froteiría A Horta de Fina e Mar, Supermercado Corzo-Covirán e Supermercado Onda, que participaron na campaña.
A afortunada foi unha veciña do Barco, Fina Barredo, por unha compra realizada en Supermercado Corzo- Covirán. A premiada recolleu o seu premio este xoves, 21 de outubro, no establecemento onde cubriu a rifa premiada.
Dende o CCA faise un balance moi positivo desta campaña e agradécese a participación dos clientes neste sorteo, así como a implicación e colaboración da froteiría A Horta de Fina e Mar, Supermercado Corzo-Covirán e Supermercado Onda na campaña.