As intensas chuvias desta mañá causaban problemas como desprendementos, que deixaban pedras na calzada, e inundacións na estrada de Éntoma (O Barco), en concreto no punto no que se están a realizar as obras de construción da circunvalación. Así pode verse nestas imaxes enviadas por lectores do Periódico O SIL esta mañá, no que tamén se aprecian inundacións na entrada a unha vivenda próxima.
Fotos cedidas.