Os maiores do Centro de Día da Rúa, centro que pertence á rede de centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia, tamén participan nas actividades organizadas polo Concello con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
A súa colaboración quedou patente nun cómic que ten a temática da violencia de xénero como fío argumental e que levaron a cabo nun obradoiro especial celebrado no mes de novembro. Este cómic estará exposto nas inmediacións do Concello da Rúa o día 25 de novembro.
Ademais deste obradoiro, o Centro de Día da Rúa, que conta con 30 prazas para maiores, leva a cabo diversas actividades e proxectos coa comunidade, co obxectivo de promover hábitos de vida saudables, prevención da dependencia e promoción dun papel activo das persoas maiores na sociedade.