De forma virtual ou presencial. Son as dúas opcións que o Concello da Rúa ofrece aos cativos para que poidan ver e falar cos Reis Magos na tarde deste mércores 5 de xaneiro.
A primeira opción será a través de videochamada na que os cativos poderán ver e falar coas Súas Maxestades. Para isto, dende o Concello asignarán quendas de videochamada entre as 16 e as 19 horas. As inscricións para esta opción deben facerse no 643 958 844.
A segunda opción será cunha recepción na praza do Concello a partir das 19 horas. Nete caso adoptaranse todas as medidas de seguridade necesarias. Será ao aire libre con filas reguladas e mamparas de separación, contando coa colaboración de Protección Civi. Será obrigatorio uso de mascarilla para asistentes de seis ou máis anos de idade limitándose o número de acompañantes.
Sexa como for, dende o Concello farán toodo o posible para que “os/as pequenos/as desfruten da maxia dese día en calquera das dúas propostas”.