DeportesMotociclismoÚltima hora

Eduardo Iglesias supera con nota unha etapa do Dakar moi esixente, con zonas rápidas e navegación complicada

 

O piloto monfortino Eduardo Iglesias segue avanzando na clasificación do Dakar 2022, rematando a etapa 8 no P 78 da xornada e no no P 86 da clasificación xeral.

Tal com el mesmo explica, a deste luns 10 de xaneiro foi unha etapa con 800 km dos cales 395 eran de especial. “Hoxe tivemos uns 120 km de dunas de nivel 2 e 3, algunhas complicadas pola súa altura e tamén porque a area estaba blanda e son máis difíciles de afrontar”, di Edu, recoñecendo que en xeral foi unha etapa moi esixente, con zonas rápidas e navegación complicada.

Así é todo amósase contento co ritmo destes últimos días nos que deixou atrás as molestias físicas.

Fotos e vídeo: Monforte Rally Team.

 

Artigos relacionados

Back to top button