CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Córgomo Arte clausura a edición virtual 21-22 coa publicación de dous vídeos con todas as creacións

 

Unha das obras de Manuel Conde.

 

Un ano máis a pandemia obrigaba á organización do festival artístico Córgomo Arte a celebrar a edición 21-22 de forma virtual. Así e todo non faltaron artistas que quixeron “formar parte desta marabillosa tolemia pola arte, desde as marxes, desde o alternativo e desde o pracer que nos dá visibilizar cada ano a creatividade que nos rodea e nos fai libres”, aseguran, explicando que tal como prometeran, cada día do último mes foron colgando obras de arte, de disciplinas diversas, ás que por primeira vez lle sumaron a poesía.

 

Obra de Torino.

 

Daquela non quixeran dar nomes para manter a sorpresa dos contidos, pero agora si enumeran un por un os nomes dos artistas que se sumaron un ano máis aos organizadores, Manuel Conde e Victorino Núñez “Torino”, para facer desta unha das edicións máis numerosas desde o comezo do certame. Adri Pardo; as usuarias, familias e persoal coidador de AFAN Burela; Carmen Cabaneiro, Caxigueiro, Crystilandia, David Catá, Arturo Ceide (Equipo Esparrela), Juanel, Julián Bouza, Laura Varela, Martín Lestao, Mauro Leivas; Nachok, Baldo Ramos e Mano Panforreteiro; Noé Blanco, Pedro Cabarcos, Rosa García Machado, Sabela Arias Castro, Sabela Mato, Saúl Conde e Violeta Bernardo.

E como broche a esta peculiar mostras Córgomo Arte producía de dous vídeos con todas as obras. Ademais as publicacións do facebook están dispoñibles baixo o cancelo #CórgomoArte_21_22.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button