Esta mañá colocábase na entrada á zona vella do Barco, dende a rúa San Roque, un sinal que prohibe o tránsito de vehículos por esta parte da vila. Así, tal e como indica este sinal (que polo de agora está parcialmente tapada), a circulación quedará limitada a residentes, peóns e vehículos de mobilidade persoal (VMP), así como a carga e descarga.
A medida, anunciada hai uns meses polo alcalde do Barco non ten sido ben acollida por unha parte da veciñanza da zona.
Fotos cedidas.