Nesta fin de semana arrancan as I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés en 14 establecementos do Barco de Valdeorras, 1 de Sorbadelo e 2 de Vilamartín, cunha serie de actividades complementarias organizadas dende o Concello do Barco.
Unha desas actividades é o Fam Trip no que durante dúas xornadas tres periodistas gastronómicos decubrirán ‘a que sabe Valdeorras’. Jorge Santos Simón da revista Mivino; Ana Belén Toribio Herrero, da revista Gastrostyle (ten unha sección especializada na revista Restauradores e escribe de forma ocasional na revista Diplomacia del Siglo XXI, entre outros); e Danae Wiereck Rodríguez, da revista Restauradores, son os convidados polo concello barquense para coñecer e posteriormente promocionar os engados gastronómicos, turísticos e culturais do Barco e do resto da comarca de Valdeorras.
Para iso, organizaron un completo programa cunha apretada axenda que comezaba na mañá deste sábado 5 de febreiro coa visita ao Santuario das Ermidas (concello de O Bolo); así como ás instalacións de Embutidos García Marcos en Viana do Bolo onde se elaboran os botelos que se degustan na Festa do Botelo do Barco; e á adega Alán de Val, na Rúa. Durante a visita estiveron acompañados polo tenente de alcade do Barco Aurentino Alonso, polo concelleiro de Turismo e Comercio Eladio Santos e pola responsable da Oficina de Turismo do Barco Diana Ramos.
A mediodía degustaban botelo no Pazo do Castro e despois do xantar realizaban unha andaina dende O Castro ata a Adega Godeval en Xagoaza, visitando a cova con degustación de viños incluída e a igrexa de San Miguel. Pola tarde participarán nun percorrido de tapas pola plaza Maior e o Malecón do Barco, con degustación dos pinchos gañadores da XI Ruta dos Pinchos ‘O Barco vai de viños’.
O programa continuará mañá, domingo 6 de febreiro, cun paseo turístico polo Malecón, o río Sil e a rúa Real, chegando ata Viloira para ver os xardíns da Casa Grande e a praza. Ás 12:30 horas participarán na cata dirixida por Luis Paadín na Casa do Río Cigüeño, finalizando a visita ao Barco cun xantar a base de cabrito asado no Restaurante San Mauro.
Fotos: Concello do Barco.