Aproveitando que esta semana se celebrou a Candeas, festividade de inverno de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), as Letras de Florencio estrean unha ruta deseñada para coñecer mellor a aldea que tanto inspirou ao poeta, onde naceu e pesou os seus anos de mozo.

Así na tarde deste domingo 6 de febreiro, da praza da Casa do Pobo partía un completo percorrido que levaría aos asistentes por diferentes rúas da localidade, coñecendo de man dos irmáns Santalla Quiroga, Fernando e Lucio, como era a aldea cando Florencio era mozo, e descubrindo episodios históricos e outros persoeiros, vencellados á xuventude do poeta, destacando a historia e o escudo da familia Gurriarán.

Esta primeira ruta, coa que se abre de forma oficial o Ano de Florencio foi un gran éxito de convocatoria e contou co acompañamento musical dos gaiteros, incluíndo, como non podía ser doutro xeito, a lectura dalgún poema.
Fotos: Jorge A.D. e cedidas.
Vídeos: Jorge A.D.



