Dous anos despois da última edición (a do 2020 e a do 2021 non se celebraban por culpa da pandemia), a Volta a Valdeorras regresa neste 2022 ao calendario ciclista da comarca.
Así o aseguran dende a Peña Ciclista Valdeorras Bike (CC Valdeorras), anunciando que a XXI edición que quedara en suspenso no 2020 celebrarase, se non hai nada que o impida, o 12 de xuño.
De momento non trascenderon máis datos, salvo que haberá dous niveis de dificultade para “dous percorridos nun entorno espectacular”.