ConcellosÚltima horaVerín

Falece un operario tras unha posible caída e golpearse cun palé en Verín

 

Na mañá deste martes 15 de febreiro era atopado sen vida un operario “tras sufrir unha posible caída e golpearse cun palé na avenida de Sousas, en Verín”, informan dende o 112 Galicia, indicando que os feitos tiñan luagra ne torno ás oito e media, momento no que recibían a alerta do accidente laboral a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De xeito inmediato, requeriron a intervención dos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Con todo, “malia os esforzos do equipo médico desprazado ata o lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida ao operario”, din dende o 112. Pola súa banda, as forzas da orde tratan de pór en claro as circunstancias do suceso.

Artigos relacionados

Back to top button