Continúa a baixa a curva dos casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra nesta xornada 171 positivos, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
O único concello no que se rexistra un leve incremento é Carballeda de Valdeorras, con 9 positivos, o que supón 2 máis que onte.
Baixan os contaxios activos no Barco con 106 positivos (7 menos que onte), tamén en Rubiá con 2 positivos (1 menos que onte) e en Vilamartín con 7 (3 menos que onte).
As cifras mantéñense igual que onte no Bolo con 14 contaxios activos, na Rúa con 27 e na Veiga con 6.
Os concellos de Larouco e Petín continúan libres de virus.