Nas datas centrais do Entroido, continúan as visitas de folións entre localidades do oriente ourensán. Entre elas está a que realizaba na noitiña do venres 25 de febreiro o Folión Os Labregos de Trives a Fradelo (Viana do Bolo). Daba unha ronda polas súas rúas tocando bombos, gañadas e sachos, e finalizando a visita cunha merenda.
Fotos: Folión Os Labregos.