O acto terá lugar o 14 de marzo en El Cercano, da man da Fundación Cum Laude
Doce crónicas de viaxes por diversas rexións de España, incluíndo o que fora Sahara español. Unha guía de pequenas aventuras, escrita en forma de historias que engade profundidade e riqueza á paisaxe vista dende a moto. Uha visión fugaz, curiosa e en liberdade, por espazos interesantes, cercanos e ás veces pouco coñecidos, viaxando cos ollos moi abertos e a escasa equipaxe que cabe nunha bolsa.
Estes son, a grandes rasgos, os contidos de “Viajes con una bolsa amarilla”, o terceiro libro de Javier Alonso-Iñarra que será presentado hoxe, luns 14 de marzo, ás 20h. en El Cercano (Ourense), da man da Fundación Cum Laude.