A meteoroloxía adversa que está a sufrir estes días a comarca de Valdeorras, con momentos de sol, de chuvia e tamén intensos refachos de vento, están a provocar algún que outro incidente.
Un deles afectaba a un dos salgueiros que hai á beira do Sil, no Malecón do Barco de Valdeorras (preto da pasarela que cruza o río ata o Salgueiral), que presenta esta imaxe despois de rachar.
Fotos: Gustavo Docampo salvo a última da galería.