Na mañá deste martes 15 de marzo viaxaban ata a vila de Manzaneda o grupo de ucraínos que por mor da guerra tiveron que deixar os seus fogares, a maioría deles nenos.
A viaxe realizábana en autobús dende Vilagarcía de Arousa onde eran recollidos polas dúas mulleres que máis se implicaron no acollemento, Almudena e María, e acompañados por voluntarios de Protección Civil de Manzaneda.
Fotos e vídeos cedidos.